A Festa do Pemento de A Arnoia é unha das citas gastronómicas máis queridas de Ourense. Tres días de pemento en todas as súas formas, fogóns acesos de continuo, verbenas ata a madrugada, actividades para toda a familia e o mellor da cultura galega, coa actuación especial de Milladoiro como broche final. Declarada de Interese Turístico de Galicia.